Comonacasa

comonacasa.blogspot.com · Jan 9, 2012

Biscoitos de piña e noces



Deixamos atrás as celebracións do Nadal.........e volvo á cociña dun xeito máis relaxado. Entre os agasallos que recibín nestas festas, non sei porque, o que máis se repetiu foron os libros de repostaria :) así é que vanse acumulando as receitas pendentes; por iso, moitos dos propósitos para este novo ano empezan na cociña e rematan na mesa, e aqueles que máis gusten pasarán por Comonacasa.
Que sigamos compartindo un ano cheo de receitas!!
Dende aquí quero enviar un cariño especial e moitos bicos a Bego de "La Cocina de Samira"

Ingredientes 450g piña en xarope 150g fariña leudante 150g noces 110g azucre 90g coco relado 125ml leite 1 ovo
Preparación Pasamos a piña co seu xarope polo batedor. Escorrémola cun coador sacando todo o xugo que sexa posible e desbotamos o xarope. Botamos a piña nun bol grande e engadimos o ovo, removemos. Incorporamos os demais ingredientes mesturándoos ben. Botamos a masa nun molde engraxado, neste caso en moldes individuais e metemos no forno prequencido a 180º uns 30 minutos. Deixámolos uns minutos no molde e a continuación pasámolos a unha reixa para que rematen de arrefriar.

View original
  • Love
  • Save
    Forgot Password?
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...