Bocados de anxo


O cabelo de anxo é un doce elaborado mediante a cocción da pulpa da cabaza de cidra en xarope, ata que se forman uns fíos finos de cor dourada, tamén se lle adoita engadir zume de limón e canela. Aínda que é utilízado con máis frecuencia en recheos de masa de empanada doce e hoxaldre, neste caso vai acompañado dunha masa de mazapán.
Espero que vos guste!

INGREDIENTES 250g améndoas moidas 250g azucre glas 3 xemas de ovo 3 culleradas de leite 1 ovo batido cabelo de anxo

PREPARACIÓN Nun bol poñemos as améndoas moídas e mesturámoslas co azucre. Batemos as xemas co leite, e engadímolas pouco a pouco á mestura anterior, amasamos ben ata obter unha masa compacta. Formamos boliñas do mesmo tamaño e enchémoslas cunha porción de cabelo de anxo, tendo coidado de que non saia por fóra. Poñemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos os bocados, pincelamos con ovo batido. Metemos no forno prequencido a 200º ata que estean dourados.

  • Love
  • Save
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...