Biscoito de améndoas



Como xa vos comentei nalgunha ocasión, adoito facer biscoitos para o almorzo como alternativa á repostería industrial.
Neste caso, fixeno de améndoas, que son unha excelente fonte de vitamina E e magnesio. O resultado é un biscoito moi suave e lixeiro, feito cunha sinxela receita.

Ingredientes
200g fariña
150g azucre
80g améndoas moídas
50cc aceite
1 iogur de limón
1/2 sobre de fermento
2 ovos
Para a cobertura
azucre glas
améndoas enteiras
chocolate fondant
Preparación
Nun bol batemos os ovos co azucre. Engadimos as améndoas o iogur e o aceite, mesturando ben, e logo a fariña co fermento. Botamos a masa nun molde e metemos no forno prequencido a 180º uns 30 minutos.
Para a cobertura Cando arrefríe espolvoreamos con azucre glas. Fundimos o chocolate ao baño maria, e introducimos as améndoas unha a unha ata a metade. Deixamos arrefriar e decoramos o biscoito.

  • Love
  • Save
    1 love
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...