Mini florentinas



De novo Nadal, este ano un pouco máis especial por ser o primeiro de "Comonacasa". Querìa preparar algo sinxelo e atractivo, que servise para acompañar unha agradable reunión con amigos ou familiares que nestas datas acostumamos a organizar. Pensei nestas deliciosas pastas de froita e chocolate, que aproveito para compartir con todos, felicitarvos estas festas e desexarvos o mellor para o novo ano!!.......grazas por estar aí.

Tamén quero agradecer a "el Rincón de Galicia" que contasen coa miña colaboración na entrevista que foi publicada onte e na que adiantaba esta receita.


Ingredientes (para 10-15 unidades)
40g manteiga
40g azucre
50g améndoas laminadas
25g pasas sultanas
25g cereixas confeitadas
25g naranxa confeitada 25g pipas xirasol 90g chocolate negro 1 cullerada nata


Preparación Fundimos a manteiga nun cazo, engadimos o azucre, removemos ata que se disolva e levámolo a ebullición. Retiramos o cazo e engadimos as pasas, as cereixas, a laranxa, as pipas de xirasol e as améndoas. Mesturámolo todo ben, agregamos a nata e batémolo de novo. Forramos unha bandexa con papel vexetal e colocamos culleriñas de masa ben separadas entre si. Metemos no forno prequencido a 180º uns 10 minutos. Retirámolas e cun cortapasas circular dámoslles forma. Toramos o chocolate e fundímolo ao baño maría. Untámolo sobre as galletas pola parte plana e deixamos que se solidifique.

  • Love
  • Save
    1 love
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...