Existe na cociña europea unha gran tradición de pasteis feitos con mazás, a súa elaboración sempre se relacionou coa maduración deste froito e o inicio do outono. Actualmente debido á ampla variedade de mazás podemos disfrutar destes doces durante todo o ano. Un dos que me chamou especialmente a atención é a popular Sharlotka rusa, que sorprende pola gran proporción de mazá que leva, e a peculiaridade de que a masa vai vertida sobre ela. As Granny Smith achéganlle xugosidade e moi bo sabor a este recomendable pastel.
INGREDIENTES 4 mazás Granny Smith grandes 125g fariña 200g azucre 3 ovos grandes 1 culleriña esencia de vainilla azucre glas
PREPARACIÓN Forramos con papel vexetal un molde desmontable de 18 cm. Pelamos as mazás e cortámolas en metades quitándolles o corazón, cada metade cortámola en catro tiras que logo toramos na outra dirección, e botámolas directamente no molde. Nun bol batemos os ovos co azucre, engadimos a vainilla e agregamos pouco a pouco a fariña, mesturando todo ben. Botamos a masa cubrindo as mazás. Metemos no forno prequencido a 190º uns 40 minutos, protexemos con papel de aluminio cando empece a estar dourada. Deixamos arrefriar durante 10 minutos sobre unha reixa metálica. Espolvoreamos con azucre glas.
Fonte:
Smitten Kitchen