Torta de lima



Gústanme os doces que levan leite condensada, xa que lle achega un sabor especial a todas as receitas. Ata agora ningunha das que fixen decepcionoume, así é que se vexo unha receita que leva ese ingrediente, non dubido en facela. Nesta torta combina especialmente ben o sabor do leite condensada coa acidez da lima. Espero que vos guste!

Ingredientes 200g galletas 80g manteiga 400g leite condensada 100ml zume de lima 200ml nata 3 ovos 50g de azucre ralladura de lima ralladura de limón

Preparación
Desfacemos as galletas e mesturámolas coa manteiga derretida. Cubrimos a base dun molde desmontable de 23cm. Poñemos o molde na neveira mentres facemos o recheo.
Batemos as xemas ata que queden cremosas. Engadimos o leite condensada e o zume de lima.
Noutro bol, montamos as claras a piques de neve co azucre.
Incorporamos con coidado á masa anterior.
Botamos o recheo na base de galletas.
Poñemos no forno precalentado a 160º durante 15-20 minutos.
Cando arrefrie, poñemola na neveira durante 3 horas.
Montamos a nata con azucre ao gusto, cubrimos a torta e decoramos con ralladura de lima e de limón.


  • Love
  • Save
    1 love
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...