Galletas de maizena


Logo deste paréntese vacacional, incorpórome de novo á actividade bloguera con estas galletas que vin no estupendo blog Kanela y Limón. Sorprendéronme polo brancas e delicadas que son, e podo dicir ademais, que teñen moito sabor.


Ingredientes
175g maizena 100g leite condensada 65g manteiga 1 cucharada de azucre 1 xema de ovo
Preparación
Batemos o ovo coa manteiga a temperatura ambiente, despois engadimos o leite e o azucre e logo a maizena tamizada. Formamos bólas pequenas e esmagámolas lixeiramente cun tenedor. Extendemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos as galletas separadas entre si. Metemos no forno prequencido a 160º uns 12-15 minutos.


  • Love
  • Save
    1 love
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...