Galletas de maizena II


Este fin de semana decidín repetir a receita que máis gusto no blog, as galletas de maizena, foi con diferenza a entrada máis vista. Esta vez utilicei un cortapastas cadrado para darlle forma de galleta clásica.
Ingredientes
175g maizena 100g leite condensada 65g manteiga 1 cullerada de azucre 1 xema de ovo

Preparación
Batemos o ovo coa manteiga a temperatura ambiente, despois engadimos o leite e o azucre e logo a maizena tamizada. Mesturamos ben e formamos unha bóla. Estendemos a masa cun rolo sobre unha superficie lixeiramente enfariñada.
Damos forma ás galletas cun cortapastas cuadrado.
Poñemos papel vexetal na bandexa do forno e colocamos as galletas separadas entre si.
Metemos no forno prequencido a 160º uns 12-15 minutos.



  • Love
  • Save
    1 love
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...