Madalenas con chocolate branco



Dende hai pouco, teño un novo libro de cociña "paso a paso repostería y panadería". Gustoume pola sinxeleza das receitas, explicadas dun xeito breve, onde a fotografía é a protagonista.
Son moitas as receitas que me gustaron, quixen comezar por esta de madalenas, xa que son totalmente diferentes ás que eu acostumo a facer. O resultado é unha madalena cunha textura máis densa e un sabor menos doce, pero moi ricas e recomendables.
Acompáñoas cunhas follas de chocolate branco.

Ingredientes
140g fariña
60g azucre
50g albaricoques secos
50g chocolate branco
100ml soro de leite
50 ml aceite xirasol
1/2 cullerada fermento
1 ovo

Para as follas
50g chocolate branco


Preparación
Tamizamos a fariña co fermento e engadímoslle o azucre e os albaricoques e o chocolate torados.
Nun bol batemos o ovo, o soro e o aceite. Removemos ben e vertemos na mestura anterior.
Repartimos a masa en seis moldes de madalenas ou en papel vexetal e metemos no forno prequencido a 200º uns 20 minutos, ata que suban.
Para as follas de chocolate Collemos 2 follas dunha planta que nos guste, lavámolas e secámolas moi ben. Poñemos o chocolate nun recipiente ao baño María e cando estea fundido, estendémolo polo reverso da folla, cunha culler pequena. Deixámolas arrefriar nun prato e logo na neveira, para que collan consistencia. Desprendemos con coidado a folla do chocolate.
  • Love
  • Save
    2 loves
    Add a blog to Bloglovin’
    Enter the full blog address (e.g. https://www.fashionsquad.com)
    We're working on your request. This will take just a minute...